Non me cabe a menor dúbida de que o tipo de personaxe que é Roger de Flor chamaría a atención de calquera cineasta con ganas de contar boas historias, relatos humanos ademais, sobre persoas que viven, rin, aman, sofren... Sen lugar a dúbidas Roger de Flor rompe con moitos dos estereotipos da farándula, pola súa condición de “crooner galego”, de artista en tempo de crise, de bohemio atrapado nunha comarca industrialmente fenecida, etc...
Ademais desto, a miña intención coma director foi a de facer unha particular homenaxe a tódolos grupos e artistas en xeral que loitan día a día por abrirse camiño no difícil mundo da música. Trátase de contar unha historia real, de persoas de carne e oso. Síntome identificado con esta raza de creadores porque eles fan o que desexan (ou o que poden) contra vento e marea, loitan polo que creen, e exactamente esa mesma máxima, ven sendo a deste que lles escribe ate o día de hoxe.
Esta obra intenta falarnos de ilusións, de soños, de constancia, de pasión. Valores estes últimos que parecen estar en perigo de extinción e que, como ninguén, reflicten Roger de Flor e a súa música. Non pretendo facelo típico documental musical, en cambio, sí aspiro a plasmala visión da loita honesta dos seus protagonistas por acadar un obxectivo e conseguir levar a práctica o seu estilo de vida, na franca ilusión de mover mentes, sensibilidades e corazóns a través de notas, acordes e palabras. Porque segue habendo moitas cousas que dicir, moitas cousas que contar e que cantar... e alguén ten que facelo.
Carlos Alberto Alonso, director, guionista e productor
Ningún comentario:
Publicar un comentario