mércores, 14 de xullo de 2010

LUNS 2 AGOSTO CINE AO AIRE LIBRE: La Ola (2008)

Durante un proxecto semanal, o profesor Rainer Wenger ensina aos estudantes da súa clase o tema da autocracia como forma de goberno. Os estudantes móstranse escépticos ante a idea de que puidese volver unha ditadura como a do Terceiro Reich na Alemaña dos nosos días e cren que xa non hai perigo de que o nacionalsocialismo volva facerse co poder, porque a pesar de pasar décadas, as novas políticas e tecnoloxías arbitrarían o proceso dun mandato novo autocrático.

O profesor decide empezar un experimento cos seus alumnos para demostrar o doado que é manipular ás masas. A través do seu lema: "forza mediante a disciplina, forza mediante a comunidade, forza a través da acción, forza a través do orgullo", facendo fincapé niso, de tal forma que cada día os alumnos seguisen unha nova regra. Por exemplo, o profesor logrou que todos eles entrasen á súa aula e, en menos de 30 segundos, se tivesen sentado todos eles con actitude atenta e coas costas ben recta, resoltos a iniciar a clase. O interese pola forma de como se executaban esas clases creceu, facendo que mozos doutros cursos se cambiasen de aula ata ser un curso numeroso, derivando en fanatismo. O grupo chega mesmo ao extremo de inventar un saúdo e a vestirse de camisa branca. O popular curso decidiuse chamar "La Ola", e a medida que pasaban os días, "La Ola" comezaba a facerse notar mediante actos de vandalismo, todo ás costas do profesor Wenger, que acaba perdendo o control da situación.

Ningún comentario: