Amosando publicacións coa etiqueta Felipop 2009. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Felipop 2009. Amosar todas as publicacións

luns, 26 de abril de 2010

CARTAZ FELIPOP 2009


Deseño: Saleta e David

mércores, 3 de marzo de 2010

FELIPOP F.C.


Este ano os nosos rapaces tentarán repetir os éxitos do ano pasado. A ver se lles mercamos unhas camietas novas.

sábado, 6 de febreiro de 2010

MISS BLACK EMOTION Somebody´s Sleeping in My Bed



Versión dun tema de 100 Proof (Aged in Soul)

xoves, 4 de febreiro de 2010

MAMÁ por Vicente Araguas


Verdade é que eu fora aó Felipop, sesión do venres, escoitar a Roger de Flor, almogávar de Limodre que está pedindo a berros (iso si, "unplugged") dar o seguinte salto. Que o ten de levar -non perdan o seu disco "Naturalidad Silvestre" - alén do noso espazo, A Roger e ao grupo de Porto, Azeitonas, que ten un directo cheo de glamour, coa espectacularidade da formación que traen, tipo combo, e o engado da súa go-gó (estática, como o vóo helicoidaldo colibrí) e cantante, Nena. Ía escoitalos e longo marchar para casa, á hora da Cinzenta, abusando da xentileza de Nico Vidal, meu auriga para o caso. Mais o conto é que, acto contino, actuaba o grupo Mamá, Esa frescura pop, esa regalía que os activísimos argalleiros do Felipop poñían diante nosa e eu xa non puiden senón pedir ¡Mamá! e ficar unha hora máis en Limodre. Onde ademais estaba arrodeado de xente guapeteíra. E Mamá xa se vían no escenario, con Granados no centro, e Carlos á sinistra, e non estaba Manolo Mené, pero como se estivera en algures dun estrelado pop, e o público de díante eran as rapazas de colexio dos primeiros oitenta. Bailando e choutando como derviches, cos seus "tobillos de cristal", aínda. Como verquerse a noite de verán no ceo de Limodre. E voltaba eu para o Portazgo de Xuvia, enguedellado no pop, cal voltar aos oitenta. E por aí seguido. (Vicente Araguas, Diario de Ferrol)

martes, 2 de febreiro de 2010

MÁIS PRENSA

A revista Ruta 66 coloca ó Felipop entre os mellores festivais de 2009

Roger de Flor, Os Azeitonas, Miss Black Emotion, Mamá, The Puzzles, Zodiacs, J. Teixi Band e Doctor Explosión encheron Limodre de música pop os días 7 e 8 de agosto de 2009. Ese Felipop, O undécimo, foi elixido polos críticos e polos lectores da revista especializada Ruta 66 como o quinto mellor festival que houbo en España o ano pasado. Diante deles figuran o Azquena Rock (o preferido), o Primavera Sound, o Festival internacional de Benicássim e a Monkey Week.

Os organizadores do festival asumen este recoñecemento con certa sorpresa -"festivais do xénero do noso hai moitos'', di Alonso MacPetecam- e con agradecemento. Desde Limodre, con traballo e a xenerosidade dos grupos participantes, o Felipop foi medrando e congrega na parroquia fenesa a formacións nacionais e estranxeiras de prestixio, e a seguidores que chegan a cruzar toda España para gozar da música e do ambiente. "Levamos once anos con resultados máis ou menos dignos, o Felipop é algo feíto con corazón máis que con cartos".

Desde logo cartos non lles sobran. O seu foi sempre un festival modesto, contando coa colaboración case desinteresada dos participantes, pero os recorres orzamentarios consecuencia da crise económica cébanse en cuestións culturais e iniciativas coa traxectoria do festival de Fene tamén están afectadas. "Imnos facelo, aínda non sabemos como, porque vamos ter que reducir moito, pero moito, os gastos".

O Felipop non ten máis segredo que o de xuntar a un grupo de persoas con gustos musicais afíns e ganas de facer un encontro con- forme ás súas preferencias. "É un festival absolutamente distinto porque é como estar na casa. É cómodo, os grupos son bos, non hai aglomeracións e logo temos a Hortíña, no medio do monte, onde á xente gústalle, despois dos concertos, seguir bailando toda a noite.

A relación de Limodre coa música pop menos vencellada a intereses comerciais ten que ver cos intercambios de discos de vinilo e cassettes entre amigos de distintas xeracións, atentos ós clásicos e ás novidades que cantaban programas míticos da radio, preferentemente de Radio 3. "Había unhas cribas musicais que xa estaban feitas polos maiores e ós novos parecíalles tamén máis interesante que outras causas que sonaban". Grazas a este "trapicheo" entre amigos e pandillas (agora globalizado vía Internet) hai determinadas áreas xeográficas que se especializan en punk, "heavy, garage e, no caso limodrés, no pop. (Diario de Ferrol, 29-1-2010)

luns, 1 de febreiro de 2010

UN MERECIDO QUINTO POSTO


A Asociación Cultural Felicia, co seu presidente á cabeza, quere agradecer á revista Ruta 66 e a tódolos seus colaboradores e lectores ese máis que merecido quinto posto na súa clasificación de mellores festivais do 2006. Estades todos invitados a uns bruguis na vindeira edición.

sábado, 30 de xaneiro de 2010

LOS TIGRES DEL CAÑOTAS Felipop



Un dos éxitos musicais en Fene durante o pasado ano foi está peza de Los Tigres del Cañotas adicada ao Felipop. Malia a súa retranca, dicir que está bastante ben. Suso, we love you

venres, 29 de xaneiro de 2010