xoves, 26 de xullo de 2012

PRESENTACIÓN DE "DOUTOR APERTAS": TRIBUTO A MAGÍN BLANCO


O sábado 11, en horario de sesión vermú, contra as 13:30 horas e na Hortiña, presentaremos o disco tributo a Magín Blanco. Despois dunhas verbas do noso querido Carlos Rego aparecerán polo escenario algúns dos participantes do traballo.

Por outra parte, os 100 primeiros abonos vendidos na noite do venres, recibirán de agasallo o 2CD, os restantes terán que conformarse cun sinxelo que inclúe unha das grandes cancións do bardo da Rúa, "La reina del mate".

Ningún comentario: