Roger de Flor, Os Azeitonas, Miss Black Emotion, Mamá, The Puzzles, Zodiacs, J. Teixi Band e Doctor Explosión encheron Limodre de música pop os días 7 e 8 de agosto de 2009. Ese Felipop, O undécimo, foi elixido polos críticos e polos lectores da revista especializada Ruta 66 como o quinto mellor festival que houbo en España o ano pasado. Diante deles figuran o Azquena Rock (o preferido), o Primavera Sound, o Festival internacional de Benicássim e a Monkey Week.
Os organizadores do festival asumen este recoñecemento con certa sorpresa -"festivais do xénero do noso hai moitos'', di Alonso MacPetecam- e con agradecemento. Desde Limodre, con traballo e a xenerosidade dos grupos participantes, o Felipop foi medrando e congrega na parroquia fenesa a formacións nacionais e estranxeiras de prestixio, e a seguidores que chegan a cruzar toda España para gozar da música e do ambiente. "Levamos once anos con resultados máis ou menos dignos, o Felipop é algo feíto con corazón máis que con cartos".
Desde logo cartos non lles sobran. O seu foi sempre un festival modesto, contando coa colaboración case desinteresada dos participantes, pero os recorres orzamentarios consecuencia da crise económica cébanse en cuestións culturais e iniciativas coa traxectoria do festival de Fene tamén están afectadas. "Imnos facelo, aínda non sabemos como, porque vamos ter que reducir moito, pero moito, os gastos".
Desde logo cartos non lles sobran. O seu foi sempre un festival modesto, contando coa colaboración case desinteresada dos participantes, pero os recorres orzamentarios consecuencia da crise económica cébanse en cuestións culturais e iniciativas coa traxectoria do festival de Fene tamén están afectadas. "Imnos facelo, aínda non sabemos como, porque vamos ter que reducir moito, pero moito, os gastos".
O Felipop non ten máis segredo que o de xuntar a un grupo de persoas con gustos musicais afíns e ganas de facer un encontro con- forme ás súas preferencias. "É un festival absolutamente distinto porque é como estar na casa. É cómodo, os grupos son bos, non hai aglomeracións e logo temos a Hortíña, no medio do monte, onde á xente gústalle, despois dos concertos, seguir bailando toda a noite.
A relación de Limodre coa música pop menos vencellada a intereses comerciais ten que ver cos intercambios de discos de vinilo e cassettes entre amigos de distintas xeracións, atentos ós clásicos e ás novidades que cantaban programas míticos da radio, preferentemente de Radio 3. "Había unhas cribas musicais que xa estaban feitas polos maiores e ós novos parecíalles tamén máis interesante que outras causas que sonaban". Grazas a este "trapicheo" entre amigos e pandillas (agora globalizado vía Internet) hai determinadas áreas xeográficas que se especializan en punk, "heavy, garage e, no caso limodrés, no pop. (Diario de Ferrol, 29-1-2010)
Ningún comentario:
Publicar un comentario