xoves, 4 de febreiro de 2010

MAMÁ por Vicente Araguas


Verdade é que eu fora aó Felipop, sesión do venres, escoitar a Roger de Flor, almogávar de Limodre que está pedindo a berros (iso si, "unplugged") dar o seguinte salto. Que o ten de levar -non perdan o seu disco "Naturalidad Silvestre" - alén do noso espazo, A Roger e ao grupo de Porto, Azeitonas, que ten un directo cheo de glamour, coa espectacularidade da formación que traen, tipo combo, e o engado da súa go-gó (estática, como o vóo helicoidaldo colibrí) e cantante, Nena. Ía escoitalos e longo marchar para casa, á hora da Cinzenta, abusando da xentileza de Nico Vidal, meu auriga para o caso. Mais o conto é que, acto contino, actuaba o grupo Mamá, Esa frescura pop, esa regalía que os activísimos argalleiros do Felipop poñían diante nosa e eu xa non puiden senón pedir ¡Mamá! e ficar unha hora máis en Limodre. Onde ademais estaba arrodeado de xente guapeteíra. E Mamá xa se vían no escenario, con Granados no centro, e Carlos á sinistra, e non estaba Manolo Mené, pero como se estivera en algures dun estrelado pop, e o público de díante eran as rapazas de colexio dos primeiros oitenta. Bailando e choutando como derviches, cos seus "tobillos de cristal", aínda. Como verquerse a noite de verán no ceo de Limodre. E voltaba eu para o Portazgo de Xuvia, enguedellado no pop, cal voltar aos oitenta. E por aí seguido. (Vicente Araguas, Diario de Ferrol)

1 comentario:

Gustavo dixo...

Hai un artículo máis completo sobre o Felipop publicado por Araguas no Correo Galego. Se o queredes ler está aquí:

http://ocio.elcorreogallego.es/indexSuplementos.php?idEdicion=1342&idMenu=15&idNoticia=457962