mércores, 3 de agosto de 2011

SESIÓN DE TARDE NA HORTIÑA


Para todos aqueles que non saiban que facer mentras agardan inquedos aos conxuntos da noite, nesta edición abriremos a Hortiña tamén en sesión de tarde, entre as 6 e as 10. Haberá pinchadiscos e uns fantásticos camareiros que estarán encantados de que tomedes algo alí e non no local da Sociedade, o que está fronte a pista. Desgraciadamente o único que fan é competencia desleal, non aportan nin un mísero euro ao Felipop. Agradeceriamos que pensarades niso se decidides ir alí. Para os que estedes no camping ou teñades pensado facer cea-picnic, podedes utilizar as mesas e cadeiras que se porán no parque.


1 comentario:

Marbadás dixo...

Pois nos vemos na Hortinha o venres á tardinha!